Slide 1
R.S.E.A.P.S
Real Sociedade Económica de Amigos
do País da cidade de Santiago
previous arrow
next arrow

Fundadores e inicios

Os fundadores da Sociedade Económica de Santiago: don Antonio Páramo Somoza y Sangro, don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, don Luís Marcelino Pereira, don Benito Gil Lemus e don Antonio Gil Lemus; presentaron ao Consello de Castela, o 13 de  decembro de 1783, unha petición, co obxecto de que se lles concedese  licenza para establecer en Santiago unha Sociedade Patriótica de Amigos do País, baixo o título de Sociedade Económica do Reino de Galicia, e que se aprobasen os Estatutos que elaboraran  para o seu réxime e goberno.

O 24 de decembro de 1783, asinábase o oficio no que se atendía á petición do establecemento en Santiago de Compostela  dunha Sociedade Económica de Amigos do País, co obxecto de fomentar as  Artes e Industrias. Sesión Inaugural, foi o 15  de febreiro de 1784, ás tres da tarde e o discurso inaugural pronunciouno Don Antonio Páramo Somoza y Sangro.

D. Antonio Páramo Somoza y Sangro
1784
D. Pedro Antonio Sánchez Vaamonde
1789

Hoxe 239 anos despois

Francisco Loimil Garrido, preside unha Sociedade aberta a novos socios  e mostra gratuitamente os  seus fondos bibliográficos, de arquivo e pictóricos.

Solicita gratis unha visita escribíndonos un email a

Últimas Novas

Agradecementos

A RSEAPS creou esta sección dentro da súa páxina web para agradecer ás persoas e entidades públicas ou privadas que colaboraron, colaboran e colaborarán coa Sociedade Económica no desenvolvemento das súas actividades, xa sexa mediante convenios, subvencións, doazóns ou calquera outro tipo de achega. ou apoio.