


Dispoñemos de unha sección de novas onde poderás manterte ó tanto das novidades da nosa sociedade.
Fundadores e inicios
Os fundadores da Sociedade Económica de Santiago: don Antonio Páramo Somoza y Sangro, don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, don Luís Marcelino Pereira, don Benito Gil Lemus e don Antonio Gil Lemus; presentaron ao Consello de Castela, o 13 de decembro de 1783, unha petición, co obxecto de que se lles concedese licenza para establecer en Santiago unha Sociedade Patriótica de Amigos do País, baixo o título de Sociedade Económica do Reino de Galicia, e que se aprobasen os Estatutos que elaboraran para o seu réxime e goberno. O 24 de decembro de 1783, asinábase o oficio no que se atendía á petición do establecemento en Santiago de Compostela dunha Sociedade Económica de Amigos do País, co obxecto de fomentar as Artes e Industrias. Sesión Inaugural, foi o 15 de febreiro de 1784, ás tres da tarde e o discurso inaugural pronunciouno Don Antonio Páramo Somoza y Sangro.











HOXE 239 ANOS DESPOIS
Francisco Loimil Garrido, preside unha Sociedade aberta a novos socios e mostra gratuitamente os seus fondos bibliográficos, de arquivo e pictóricos.
Solicita gratis unha visita escribíndonos un email a
Novas RSEAPS
A REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE SANTIAGO ACHEGA O SEU PATRIMONIO ARTÍSTICO AOS COMPOSTELÁNS
“A RSEAPS e os seus fondos artísticos” reflexionará ao longo de 2026 sobre moda, numismática, gravados, mobiliario, libros de arte...
Leer másSÁNCHEZ DEL RÍO GAÑA O IX PREMIO DOMINGO FONTÁN DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA CUN TRABALLO SOBRE A COCIÑA ECONÓMICA DE SANTIAGO
O galardón bianual, dotado con 2.000 euros e a publicación da obra, está organizado pola Real Sociedad Económica, a USC...
Leer máso EX PRESIDENTE DA XUNTA EMILIO PÉREZ TOURIÑO ABRIRÁ O CICLO DE DEBATE DA RSEAPS 2026
A entidade presenta “unha ambiciosa programación para avanzar na reflexión social sobre retos de futuro” como a economía e a...
Leer másRETRATO DO BISABÓ DO REI FELIPE VI NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA
María Dolores Barral Rivadulla, profesora titular de Historia da Arte e vicedecana da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade...
Leer másAgradecementos
A RSEAPS creou esta sección dentro da súa páxina web para agradecer ás persoas e entidades públicas ou privadas que colaboraron, colaboran e colaborarán coa Sociedade Económica no desenvolvemento das súas actividades, xa sexa mediante convenios, subvencións, doazóns ou calquera outro tipo de achega. ou apoio.