


Dispoñemos de unha sección de novas onde poderás manterte ó tanto das novidades da nosa sociedade.
Fundadores e inicios
Os fundadores da Sociedade Económica de Santiago: don Antonio Páramo Somoza y Sangro, don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, don Luís Marcelino Pereira, don Benito Gil Lemus e don Antonio Gil Lemus; presentaron ao Consello de Castela, o 13 de decembro de 1783, unha petición, co obxecto de que se lles concedese licenza para establecer en Santiago unha Sociedade Patriótica de Amigos do País, baixo o título de Sociedade Económica do Reino de Galicia, e que se aprobasen os Estatutos que elaboraran para o seu réxime e goberno. O 24 de decembro de 1783, asinábase o oficio no que se atendía á petición do establecemento en Santiago de Compostela dunha Sociedade Económica de Amigos do País, co obxecto de fomentar as Artes e Industrias. Sesión Inaugural, foi o 15 de febreiro de 1784, ás tres da tarde e o discurso inaugural pronunciouno Don Antonio Páramo Somoza y Sangro.











HOXE 239 ANOS DESPOIS
Francisco Loimil Garrido, preside unha Sociedade aberta a novos socios e mostra gratuitamente os seus fondos bibliográficos, de arquivo e pictóricos.
Solicita gratis unha visita escribíndonos un email a
Novas RSEAPS
CALLES LOMBAO: “DÍAZ DE RÁBAGO FOI UN DOS ECONOMISTAS E SOCIÓLOGOS MÁIS IMPORTANTES DE GALICIA, MOI VALORADO EN FRANCIA E INGLATERRA”
O director do Museo Diocesán Catedralicio de Lugo disertou na Real Sociedad de Santiago sobre o polímata de Muros, que...
Leer másREVISIÓN DA FIGURA DE JOAQUÍN DÍAZ DE RÁBAGO COMO SOCIÓLOGO, ECONOMISTA E ESCRITOR NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA
Marcos Gerardo Calles Lombao, director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo, disertará mañá, mércores 12 de novembro, ás 19,30h, na...
Leer másDANIEL LORENZO APOSTA POR UNHA “RESTAURACIÓN CONTINUADA” DA CATEDRAL
El director de la Fundación Catedral de Santiago afirmó en la RSEAPS que es necesario lograr “la conservación de la...
Leer másDANIEL LORENZO REFLEXIONA NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA SOBRE COMO RESTAURAR E CONSERVAR O NOSO PATRIMONIO HISTÓRICO
O director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo Santos, protagonizará unha nova mesa de debate na Real Sociedad Económica...
Leer másAgradecementos
A RSEAPS creou esta sección dentro da súa páxina web para agradecer ás persoas e entidades públicas ou privadas que colaboraron, colaboran e colaborarán coa Sociedade Económica no desenvolvemento das súas actividades, xa sexa mediante convenios, subvencións, doazóns ou calquera outro tipo de achega. ou apoio.