Author picture

A MOBILIDADE E O MODELO DE CIDADE EN SANTIAGO, A DEBATE NA SEDE DA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAÍS DE LA CIUDAD DE SANTIAGO

Mañá, mércores 31 de maio, ás 19,30h, Manuel Rodríguez López, arquitecto e director da Fundación RIA de Chipperfield e Miguel Pazos Otón, profesor da Facultade de Historia da Universidade de Santiago (USC), protagonizarán unha mesa de debate na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), baixo o título “Compostela. Mobilidade e modelo de cidade”.

A intervención de Rodríguez López e Pazos Otón está incluída no ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro” que a RSEAPS desenvolve desde o pasado mes de febreiro para analizar alguns dos asuntos estratéxicos e de futuro para a capital galega. Todas as mesas de debate deste ciclo son abertas ao público e de acceso libre, ata completar aforo.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn