Author picture

A PROFESORA DE HISTORIA DA ARTE DA USC BEGOÑA FERNÁNDEZ FALARÁ NA RSEAPS SOBRE AS PAISAXES DA AUGA DESDE O PUNTO DE VISTA DO PATRIMONIO CULTURAL

Mañá, luns 22 de maio de 2023, ás 19,30h, a profesora titular de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Begoña Fernández Rodríguez pronunciará unha conferencia na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) baixo o título “Paisaxes da auga: Do pasado incómodo ás perspectivas futuras. Visións desde o patrimonio cultural”.

A exposición de Fernández Rodríguez, que será presentada polo catedrático de Historia da Arte da USC Juan Manuel Monterroso Montero, será a participación da RSEAPS no ciclo “Tribuna Carlos III. A xestión da auga para usos agroalimentarios”, organizado pola institución que reúne ás Reales Sociedades Económicas de Amigos del País de toda España. No acto intervirá tamén, vía online, Antonio Martín, presidente da Mesa de las Sociedades Económicas de España.

O público poderá seguir a conferencia da profesora Fernández de xeito presencial, na nosa sede, no número 4 da compostelá praza Salvador de Parga, ou a través da nosa canle de You Tube, RSEAPS-Amigos del País de Santiago, na seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/live/m-uCSvhZma0?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn