Author picture

A PROFESORA DE HISTORIA DA ARTE DA USC MIRIAM ELENA CORTÉS DISERTARÁ NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA SOBRE “UNHA ENIGMÁTICA PAISAXE URBANA”

A profesora axudante doutora de Historia da Arte da USC, Miriam Elena Cortés López, protagonizará mañá, mércores 11 de xuño, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), unha mesa de debate sobre o cadro Vista de ciudad, que forma parte do patrimonio artístico desa institución.

Na súa intervención, Cortés López desvelará datos de relevo e novidosos sobre o enigmático óleo, datado no último terzo do século XVI, de autor descoñecido e restaurado entre os anos 1989 e 1990 por María Carrascal Aguirre.

A mesa de debate, na que Diego Rodríguez Paz, profesor de Historia da Arte do CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moaña será o encargado de presentar a Cortés López, e que encabezará o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido, está incluída na programación para 2025 do ciclo “A RSEAPS e os seus fondos artísticos”, que a Real Sociedad organiza en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

O acceso ao acto é libre e gratuíto para o público ata completar o aforo da sala. Ademais, a mesa de debate será retransmitida en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/78bFc5e-l94?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.