Author picture

A REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE SANTIAGO ACHEGA O SEU PATRIMONIO ARTÍSTICO AOS COMPOSTELÁNS

A RSEAPS e os seus fondos artísticos” reflexionará ao longo de 2026 sobre moda, numismática, gravados, mobiliario, libros de arte ou os retratos de José María Fenollera e Luis de Madrazo

O ciclo, organizado co Grupo IACOBUS da USC, contará con Antonio Roma, Miriam Cortés, García Iglesias, Mónica Rey, Erea Castro, Margarita Cacheda, Diana Dúo e Daniel Mena

A Real Sociedad Económica de Santiago pon o seu notable patrimonio artístico a disposición dos composteláns. O escaparate será unha vez máis o ciclo “A RSEAPS e os seus fondos artísticos” que, en palabras do presidente desa institución, Francisco Loimil Garrido, “aspira de novo a dar a coñecer as numerosas obras que atesoura a Real Sociedad, pero tamén a través delas, a achegarnos a episodios e personaxes que foron decisivos para Compostela e para Galicia nos distintos períodos históricos”.

A programación das conferencias, organizadas en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC), arrancará no mes de febreiro coa disertación de José Manuel García Iglesias, catedrático emérito de Historia da Arte da USC e vicepresidente da RSEAPS, José Manuel García Iglesias, que levará por título: “Fenollera ante Sánchez Villamarín e Montero Ríos”.

En marzo a protagonista será Mónica Rey Cabezudo, docente e investigadora da Universidade de Vigo, especializada en Historia da Moda, coa conferencia “Pisando coma nunha pasarela: O calzado e a moda a través dos botíns da RSEAPS”.

O capítulo sobre numismática abrirase en abril coa charla “A formación da colección de moneas da RSEAPS”, que pronunciará Antonio Roma Valdés, fiscal xefe de área da Fiscalía de Santiago de Compostela; e seguirá en maio, coa conferencia “A conmemoración da RSEAPS a través da medallística na súa colección”, que correrá a cargo de Erea Castro Alfonso, conservadora numismática no Museo de Pontevedra.

En xuño, quenda para Rosa Margarita Cacheda Barreiro, profesora do Colexio San José de Cluny de Santiago (e colaboradora do Grupo IACOBUS), que encabezará a disertación “Os fondos da RSEAPS a través dos seus gravados”.

E tralo período de descanso veraniego, as tres últimas conferencias do ano: En outubro, Diana Dúo Rámila, doutora en Historia da Arte e Investigadora da USC (tamén colaboradora do Grupo IACOBUS), con “O retrato dun caballero anónimo, de Luis de Madrazo”; en novembro, Daniel Mena Azevedo, doutor en Historia Moderna e investigador da USC (premio Domingo Fontán de investigación histórica), con “A historia do moble a través dun escritorio da RSEAPS”; e en decembro, Miriam Elena Cortés López, profesora axudante doutora de Historia da Arte da USC, con “Arquitecturas escritas: algúns libros de arte na RSEAPS”.

Tódalas conferencias do ciclo sobre o patrimonio artístico da RSEAPS terán lugar na súa sede -no número 4 da praza Salvador Parga-, serán retransmitidas en directo a través da canle de you tube da institución e serán de acceso libre e gratuíto para tódolos asistentes, que ademais poderán participar en cada debate ao remate das intervencións dos ponentes.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.