Author picture

A SEDE DA RSEAPS ACOLLE A PRESENTACIÓN DO INFORME “CONSUMO AUDIOVISUAL 2023 EN GALICIA” DE ICMEDIA

A sede da RSEAPS acolleu hoxe a presentación do informe “Consumo audiovisual 2023 en Galicia” elaborado por iCmedia e cuxa difusión contou coa colaboración da Asociación de Periodistas de Galicia (APG). No acto, cunha nutrida presenza mediática, interviron o presidente da RSEAPS, Francisco Lomil, como anfitrión; a presidenta da APG, María Méndez; José Ángel Otero, presidente de iCmedia Galicia; Xosé Pereira, director da área de Innovación e Negocio da CRTVG; e Claudio Sánchez, crítico de cine e televisión.

A sondaxe conlúe entre outras cousas que a metade dos adolescentes galegos están subscritos a tres ou máis plataformas dixitais ou que unha de cada tres rapazas de 12 a 16 anos dedica máis de dúas horas diarias a ver series de televisión.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn