Nova mesa de debate da programación de 2024 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS). Nesta ocasión, a protagonista será a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández Lafuente, que disertará sobre o acervo monumental da capital galega, cunha conferencia titulada “Legado patrimonial de Santiago: reflexións de futuro”, á que seguirá un coloquio co público asistente.
A mesa será encabezada polo presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido, e o encargado de presentar a Hernández Lafuente será o directivo da Real Sociedad Francisco Ramón Durán Villa. O acceso para o público é libre e del balde ata completar o aforo da sala. A mesa de debate será retransmitida en directo pola canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago a través da ligazón: https://youtube.com/live/XJbt1YU3ZUo?feature=share