Author picture

ACTO DE ENTREGA DO 7º PREMIO DOMINGO FONTÁN A MIRIAM ELENA CORTÉS LÓPEZ

Entrega do 7º Premio Domingo Fontán

O 3 de maio ás 17:00 horas na Sala de Xuntas da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago ( RSEAPS) celebrouse o acto de entrega do 7º Premio Domingo  Fontán a Miriam Elena Cortés López, polo seu traballo “Socorrer enseñando. La RSEAPS y la recuperación de los libros de literatura artística a través de los inventarios de la comisión de la amortización (S.XIX)”

A gañadora do Premio xunto ao rector, o responsable de publicacións do Consorcio e directivos da RSEAPS

O acto estivo presidido polo reitor da USC Antonio López Díaz e, xunto ao reitor e á gañadora do premio, participaron o responsable de publicacións do Consorcio de Santiago Juan Conde Roa e o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido

Miriam Elena Cortés López, o reitor da USC Antonio López Díaz, o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido e o responsable de publicacións do Consorcio Juan Conde Roa

 O Premio Domingo Fontán é un premio bianual de Investigación Histórica, organizado pola USC, o Consorcio de Santiago e a RSEAPS, e que conta co patrocinio da Deputación da Coruña. O gañador ou gañadora do premio recibe un premio en metálico de 2.000,00 euros e a publicación do seu traballo polo Consorcio de Santiago.

No acto desta tarde presentouse a 8ª convocatoria do Premio (2022-2023), poderanse presentar traballos desde o 1 de setembro de 2022 ata o 29 de setembro de 2023, emitindo o xurado o seu veredicto no mes de decembro de 2023.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn