O ex presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño iniciará mañá, xoves 22 de xaneiro, ás 19,30h, a programación de 2026 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS).

Será coa mesa de debate titulada “Economía e sociedade na Galicia de hoxe”, na que Luis García Varela, directivo da Real Sociedad Económica será o encargado de presentar ao tamén doutor en Ciencias Económicas e profesor titular da USC, con Francisco Loimil Garrido, presidente da RSEAPS, encabezando o acto.
O acceso para o público é libre e gratuíto asta completar o aforo da sala e os asistentes poderán plantexar cuestións ao ponente ao remate da súa intervención. Ademais, a mesa de debate será retransmitida en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/83g2VX50pv4?feature=share



