PREMIO DE INVESTIGACIÓN HISTÓRICA “DOMINGO FONTÁN”
REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAÍS DE LA CIUDAD DE SANTIAGO – UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
www.usc.es www.economicadesantiago.org
CONVOCATORIA 2024-2025
No marco da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, de conformidade co convenio marco subscrito entre ambas as entidades, estas acordan convocar o premio de investigación histórica ”Domingo Fontán”, de acordo coas seguintes
BASES
OBXECTIVO: Mediante a convocatoria deste premio preténdese fomentar o estudo e a investigación de particulares e colectivos, baseados na investigación histórica, paleográfica, xeográfica, artística, arqueolóxica, científica, social, económica, arquivística, patrimonial, bibliográfica ou calquera outro campo fundamentado no patrimonio e documentación da R. S.E.A. P.S., ou baseado no período e no motivo de creación da mesma ou sobre a cidade de Santiago de Compostela centrado nos séculos XVIII, XIX e XX.
CARACTERÍSTICAS DO PREMIO: Establécese unha contía económica de dous mil euros (2.000,00 €), coa retención fiscal correspondente, de premio para a obra gañadora, garantíndose ademais a súa publicación. Neste sentido, o gañador/ora está obrigado a ceder os dereitos de edición e publicación do traballo ás entidades convocantes, comprometéndose o gañador/ora a colaborar na edición do texto de acordo coas normas que se establezan para a súa publicacióncomo a corrección de erros, revisión de probas de imprenta, etc…
REQUISITOS:
Dos traballos:
- Deberán ser traballos inéditos.
- Estarán redactados en galego ou en castelán.
- A súa extensión deberá ser entre 75 e 200 páxinas en Din A-4, a unha soa cara, contabilizando as notas, bibliografía, táboas, gráficos e imaxes como páxinas e coas seguintes características: tipo letra ARIAL, tamaño letra 12, interlineado 1,5. O texto debe enviarse encadernado e ademais unha copia dixital en formato word.
- Se o traballo inclúe material gráfico, este deberá ser orixinal do autor ou contar coas autorizacións pertinentes de reprodución.
- Deberán presentarse sen firma nun sobre branco e pechado que levará escrito por fóra o título do traballo e no seu interior os datos persoais do autor ou autora (dirección completa, número de teléfono ou dirección de correo electrónico), a fotocopia do documento oficial de identidade así como acreditación da súa condición de investigador/investigadora.
Dos participantes:
- Poderán concursar persoal investigador, investigadores e investigadoras en formación ou posgraduados e posgraduadas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Este premio ten carácter bianual, e o prazo para a presentación dos traballos será desde o 2 de setembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025.
LUGAR DE PRESENTACIÓN: Os traballos deberanse enviar á dirección da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago. Praza Salvador Parga, 4 -1º. 15704 Santiago de Compostela. A copia en formato word enviarase ao seguinte e-mail: correo@economicadesantiago.org.
RESOLUCIÓN: O fallo do premio farase público no mes de decembro do ano 2025.
XURADO: Está integrado por:
– Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC.
– Decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC
– Director do Departamento de Historia Económica da USC
– Responsable de publicacións do Consorcio de Santiago
– Presidente da R. S.E.A. P.S.
– Secretario da R. S.E.A. P.S.
INCOMPATIBILIDADE: Non poderán optar ao premio os membros do xurado, así como os seus familiares, calquera que sexa o seu grao de parentesco.
DITAME:
• Unha vez analizados todos os traballos, as decisións do xurado adoptaranse por maioría simple, sen voto de calidade.
• O premio poderá ser declarado deserto no caso de que os traballos presentados non se consideren axustados aos obxectivos do mesmo.
• O ditame farase público a través do BOV da USC, así como nas páxinas web de ambas as institucións e noutros medios.
• Do mesmo xeito, o autor/a premiado recibirá unha comunicación por escrito na que se lle dará conta da resolución do xurado.
• As decisións así adoptadas serán inapelables.
ACEPTACIÓN DAS BASES: A simple presentación de propostas para optar o premio, implica o coñecemento e a plena aceptación das bases da convocatoria.
PUBLICIDADE: Esta convocatoria e a súa resolución serán difundidas a través dos medios das institucións convocantes e xerais.
RETIRADA DE ORIXINAIS NON PREMIADOS: Os participantes non premiados poderán solicitar mediante escritó dirixido á Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, Praza Salvador Parga, 4 -1º. 15704 Santiago de Compostela, a devolución dos orixinais presentados.