Imagen del autor

BELÉN HERNÁNDEZ: “A REFLEXIÓN SOBRE A CIDADE HISTÓRICA QUE QUERE COMPOSTELA DEBE REALIZARSE SOBRE A SOSTIBILIDADE E A GOBERNANZA”

Belén Hernández Lafuente, cré que está pendente “unha reflexión colectiva, fundada e razonada sobre o modelo de cidade histórica que queremos ter agora e no futuro”. E opina que “ese debate debe realizarse sobre dous vectores: sostibilidade e gobernanza”.

A xerente do Consorcio de Santiago, que protagonizou a mesa de debate “Legado patrimonial de Santiago: reflexións de futuro”, incluída no ciclo de 2024 “Compostela 2023-2027. Presente e futuro” da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), deixou claro ao comezo da súa intervención que o seu plantexamento e opinións eran “a título estritamente persoal” e non como responsable do Consorcio.

Para Hernández, unha vez realizada a reflexión sobre a cidade histórica, “deberemos aliñar o paneamento, a normativa e a xestión, para poder acadar os obxectivos trazados”. Con todo, segundo ela, “tampouco fomos quen de artellar unha gobernanza representativa, polo que é unha tarefa que debemos acometer de xeito inmediato”.

“Tanto os poderes públicos, como a sociedade civil”, engadiu, “debemos facer un esforzo por entendernos e traballar xuntos para estar á altura do legado que temos entre mans”. “Na miña opinión, o reto que comporta maior dificultade é a definición dos posibles usos de cada espazo (residencial, comercial, monumental, espazo público…) e na xestión dos fluxos de todo tipo que conflúen no espazo: residentes, traballadores, visitantes, vehículos, mercadurías, infraestruturas, auga, saneamento, residuos, etc.”.

Para a conferenciante, “o maior risco para un inmoble ou espazo histórico non é o seu uso trabucado, senón o seu abandono ou desuso”. “Ademais, considerou que nos falta cultura do mantemento e da conservación, como algo que debe ser cotiá”, concluiu.

A mesa de debate, á que seguiu un coloquio co público asistente, foi encabezada polo presidente da Real Sociedad compostelana, Francisco Loimil Garrido, e o encargado de presentar á xerente do Consorcio foi o directivo da RSEAPS Francisco Ramón Durán Villa.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.