Biblioteca da RSEAPS
O inicio do desenvolvemento da Biblioteca da RSEAP pódese establecer en 1838, tras unha Real Orde do 11 de maio dese ano na que os libros dos conventos composteláns foron concedidos á Económica tras o desamortamento dos seus bens. Esta Biblioteca comezou con algúns volumes que xa posuía a Sociedade e estes 807 dos conventos coa seguinte orixe:
- San Agustín, 327
- San Domingos de Bonaval, 169
- San Francisco, 156
- Santa Maria de Conxo, 152
- San Lorenzo, 3
O principal problema para o desenvolvemento da Biblioteca RSEAP foi non ter unha sede propia.
En 1897 elaborouse un “Catálogo de libros que existen en la Biblioteca del SEAP” e o inventario da biblioteca deu un balance de 5.600 volumes, divididos en libros, folletos, cadernos, publicacións e revistas. Neste século XXI, preto de 10.000 volumes da Biblioteca RSEAP están depositados na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.
Entrando a través de internet no seguinte enderezo: http://iacobus.usc.es/search*gag/h e escribindo “Real Sociedad Económica de Amigos del País” no apartado Orixe das coleccións, e tecleando ENVIAR, a lista de volumes pertencentes á Biblioteca RSEAP.