A RSEAPS MOSTRA O SEU AMPLO FONDO ARTÍSTICO CUN CICLO DE CONFERENCIAS ORGANIZADO COA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DA USC
A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) decide achegar aos composteláns o notable patrimonio artístico co que conta. O fará a través dun ciclo de conferencias que organiza coa colaboración do Grupo de Investigación IACOBUS da Facultad de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A primeira desas disertacións, que xirará en torno a unha escultura que representa a Santiago O Maior, e que pronunciará o catedrático emérito de Historia da Arte da Universidade de A Coruña (UDC), Ramón Yzquierdo Perrín, terá lugar o 8 de marzo, ás 19,00h, na sede da RSEAPS. Marta Cendón, profesora titular de Historia da Arte da USC, será a encargada de presentar ao conferenciante, experto en arte medieval.
O ciclo de conferencias sobre os fondos artísticos da RSEAPS continuará en abril cunha charla do director do Museo da catedral de Santiago, Ramón Yzquierdo Peiró, sobre outra figura escultórica de Santiago O Maior. En maio tocaralle a quenda a Francisco Durán, profesor titular de Xeografía da USC, que falará sobre un retrato de Domingo Fontán de finais do século XIX.
Juan Monterroso, catedrático de Historia da Arte da USC pronunciará unha conferencia en xuño sobre o óleo do século XVII “Parnaso”. E o ciclo completarase coas intervencións de Ana Pérez Varela, profesora axudante doutora da USC, acerca do reloxio da saá de xuntas da RSEAPS, en outubro; de Mirian Elena Cortés, profesora axudante doutora da USC, sobre a escultura “Violinista”, en novembro; e de José Manuel García Iglesias, catedrático emérito de Historia da Arte da USC, arredor do retrato do escultor Sanmartín, en decembro.
Todas as conferencias do ciclo sobre o patrimonio artístico da RSEAPS terán lugar na súa sede, no número 4 da praza Salvador Parga, e serán abertas ao público.