CONCESIÓN SUBVENCIÓN 2019 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O 7 de febreiro de 2019, a Real Sociedade Económica de Amigos do País da cidade de Santiago presentou ante a Deputación da Coruña a solicitude e a documentación necesaria para a “Convocatoria do programa de subvencións a entidades lucrativas para a realización de de actividades culturais durante o ano 2019″. Destacando na solicitude e como obxectivo as seguintes actividades: “Organización do Premio Domingo Fontán. Ciclos de conferencias e concertos. Publicación Memoria de Actividades. Mantemento, Xestión Arquivística e Biblioteca”. No BOP (número 138) do 23 de xullo de 2019 publicouse a resolución pola que se aproba a concesión definitiva da subvención á Real Sociedade Económica, por un importe de 8.815,44 euros.

Compartir Noticia

Share on facebook
Facebook
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on email
Email
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn