CONFERENCIA DE ANA PÉREZ VARELA NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA

Mañá, mércores 4 de outubro de 2023, ás 19,30h, na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, a profesora axudante, doutora en Historia da Arte da USC, Ana Pérez Varela, pronunciará a conferencia “Reloxio da sala de xuntas”, sobre esa peza do arquivo da RSEAPS.

La charla está incluída no ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”, que esta institución organiza en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, para achegar aos composteláns os seus notables fondos e patrimonio.

O encargado de presentar á conferenciante será David Chao Castro, profesor contratado, doutor en Hisoria da Arte da USC, e o presidente da Real Sociedad, Francisco Loimil Garrido, presidirá o acto.

Ana Pérez Varela foi a gañadora da sexta edición (2018-2019) do Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, convocado e organizado conxuntamente pola Universidade de Santiago de Compostela, o Consorcio de Santiago e a RSEAPS dende o ano 2008.

A conferencia de Ana Pérez Varela será retransmitida en directo pola canle de You Tube RSEAPS-Amigos del País, a través da ligazón: https://youtube.com/live/vK4ZMN54_ao

A RSEAPS lembra que tódalas charlas deste ciclo son de acceso libre para o público, ata completar aforo.  

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn