A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago continúa desenvolvendo o seu programa para dar a coñecer aos composteláns o seu notable patrimonio e fondos artísticos. Nesta ocasión, o fará a través dunha conferencia da profesora axudante, doutora en Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Miriam Elena Cortés López, sobre a escultura “La Violinista”, que terá lugar mañá, mércores 8 de novembro, ás 19,30h, na nosa sede.
A charla está incluída no ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”, organizado pola RSEAPS en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da USC. O acto será presentado polo presidente da Real Sociedad, Francisco Loimil Garrido, e o encargado de presentar á conferenciante será Francisco Javier Garbayo Montabes, profesor titular de Historia da Música da USC.
A RSEAPS lembra que tódalas conferencias deste ciclo son de acceso gratuíto para o público, ata completar aforo. A conferencia de Miriam Elena Cortés López será emitida ademais pola nosa canle de You Tube, RSEAPS-Amigos del País, a través da seguinte ligazón: