CONFERENCIA DO DIRECTOR TÉCNICO-CONSERVADOR DO MUSEO CATEDRAL DE SANTIAGO NA RSEAPS SOBRE DÚAS ENIGMÁTICAS IMAXES DO APÓSTOL

 

 O mércores, 12 de abril, ás 19,00h, na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, na praza Salvador de Parga, terá lugar a segunda das conferencias do ciclo organizado pola nosa institución para amosar o seu patrimonio artístico, en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Ramón Yzquierdo Peiró, doutor en Historia da Arte pola USC e director técnico-conservador do Museo Catedral de Santiago, falará sobre dúas enigmáticas pezas dos fondos da Real Sociedad, as imaxes do Apóstol Sedente e a do Apóstol Pelegrín. Yzquierdo será presentado por Esperanza Gigirey, directora do Museo das Peregrinacións e da Cidade de Santiago. A RSEAPS lembra que todas as charlas deste ciclo son de balde e abertas ao público, ata completar o aforo.

 

 

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn