Author picture

CONFERENCIA SOBRE UN RETRATO DE JUAN JOSÉ VIÑAS, PRIMEIRO ALCALDE DE SANTIAGO TRA-LA RESTAURACIÓN BORBÓNICA

Mañá, mércores 10 de abril de 2024, ás 19,30h, David Chao Castro, profesor contratado doutor de Historia da Arte da USC, disertará na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago sobre un retrato de Juan José Viñas Balduvieco, xurista e político compostelán, primeiro alcalde da capital galega tra-la Restauración borbónica, tres veces reitor da Universidade de Santiago, deputado en Cortes e presidente da RSEAPS.

A conferencia está incluída na programación de 2024 do ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”, organizado por esta institución en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade compostelá, para dar a coñecer á opinión pública o notable patrimonio que atesoura a RSEAPS.

Chao Castro será presentado por Ana Pérez Varela, profesora axudante doutora de Historia da Arte da USC e premio Domingo Fontán de investigación histórica da RSEAPS, a USC e o Consorcio de Santiago, nunha mesa que encabezará José Manuel García Iglesias, catedrático emérito de Historia da Arte da USC e vicepresidente da Real Sociedad Económica.

Tódalas conferencias do ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos” son de acceso libre para o público, ata completar o aforo da sala. A charla será emitida tamén directo a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/4CZIaIMbqBE?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn