El director de la Fundación Catedral de Santiago afirmó en la RSEAPS que es necesario lograr “la conservación de la espiritualidad y el interés patrimonial que el templo despierta en el mundo entero”O director da Fundación Catedral de Santiago afirmou na RSEAPS que é necesario lograr “a conservación da espiritualidade e o interese patrimonial que o templo esperta no mundo enteiro”
O director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo Santos, protagonizou na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago a mesa de debate “O reto da restauración e conservación do patrimonio”, incluída na programación de 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola RSEAPS.
Lorenzo Santos cré que “restaurar non é unha acción illada, senón un proceso que comeza coa redacción do proxecto, continúa coa execución da obra, e prolóngase cos coidados que hai que desenvolver dende que rematan os traballos”. A iso o denomina “restauración continuada”, un sistema que levan a cabo dende a Fundación Catedral de Santiago, afirmou, “gracias á cooperación de todo un equipo humano cualificado, que ademais atesoura unha ampla experiencia”.

O ponente explicou que as principais patoloxías que padece a Catedral de Santiago “obedecen á acción combinada do clima, as colonizacións biolóxicas, as sales, a humidade por filtracións e a condensación, o deterioro dos revocos e pinturas murais, as instalacións…”. Segundo Lorenzo Santos, “todas elas están relacionadas entre si, de aí a necesidade de abordalas como un totum”. “Hai que tratar á vez os problemas propiamente físicos e os derivados dos usos dunha catedral de peregrinación que acolle multitudes, en aras da conservación da espiritualidade e o interese patrimonial que o templo esperta no mundo enteiro”.
O director da Fundación Catedral realizou ademais un breve percorrido polas principais intervencións que se realizaron na seo compostelá nos últimos anos. Entre elas destacou a restauración das cubertas, o cimborrio, os paramentos interiores, as bóvedas, os ocos das naves e a tribuna; da fachada do Obradoiro coas súas torres da Carraca e das Campás, así como da fachada da Azibechería; do conxunto do Pórtico Real e o seu contorno -incluída a Porta Santa-; das fachadas este e sur do claustro, coas torres do Tesouro e da Vela; e do tabernáculo da Capela Maior e do altar de prata. “Un labor desa envergadura”, subliñou Lorenzo Santos, “só foi posible mediante a cooperación entre a Fundación

O encargado de presentar ao ponente foi Fernando Barros Fornos, ecónomo da Arquidiócese de Santiago e tamén secretario da RSEAPS, nunha mesa de debate que encabezou o presidente desa institución, Francisco Loimil Garrido.



