O director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo Santos, protagonizará unha nova mesa de debate na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), que terá lugar mañá, xoves 23 de outubro, a partir das 19,30h.

Baixo o título “O reto da restauración e conservación do patrimonio”, a charla -aberta ás cuestións do público asistente ao remate da intervención do ponente- está incluída na programación para 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad compostelá.
O encargado de presentar a Lorenzo Santos será Fernando Barros Fornos, ecónomo da Arquidiócese de Santiago de Compostela e tamén secretario da RSEAPS, nunha mesa de debate que encabezará o presidente desa institución, Francisco Loimil Garrido. O acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala e está prevista a emisión en directo do acto mediante a canle de You Tube da Real Sociedad: https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago
a través da ligazón: https://youtube.com/live/OVO76orSQfg?feature=share



