Author picture

DARÍO VILLANUEVA E ROBERTO BLANCO VALDÉS PRESENTAN OS SEUS ÚLTIMOS ENSAIOS NUN COLOQUIO NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE SANTIAGO

O ex reitor e profesor emérito da Facultade de Filoloxía da USC e ex director da Real Academia Española, Darío Villanueva, e o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade compostelá, Roberto Blanco Valdés, presentarán mañá, martes 26 de novembro, ás 19,30h, na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) as súas últimas obras.

Trátase dos ensaios El atropello a la razón, no caso de Villanueva, e Revolución y Constitución, no de Blanco Valdés, dos que disertarán nun coloquio aberto ao público, que moderará a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia (APG), María Méndez, nunha mesa encabezada polo presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido.

Villanueva, que actualmente ocupa o sillón D da RAE, plasma en Atropello a la razón a idea de como “o espírito da época contemporánea, definido como postmodernidade, quebrou a racionalidade, herdanza do pensamento ilustrado”. No seu ensaio amosa con exemplos concretos, “o disparatado que pode chegar a ser o abandono da razón cando esta estorba a causas como a correción política, o negacionismo científico, as imposturas intelectuais… e como as exhibiciñons da estupidez humana vólvense facilmente virais”.

En Revolución y Constitución, Blanco Valdés -colaborador habitual de revistas de pensamento, notable columnista e conferenciante-, céntrase no primeiro constitucionalismo, o norteamericano de finais do século XVIII, “do que proceden ideas como Constitución, representación política, división de poderes, rixidez constitucional, maiorías e minorías, control da constitucionalidade… nas que se basea a democracia e aos que acudimos para verificar a saúde do noso sistema político”. E explica como ese primeiro constitucionalismo e esas ideas “cruzaron o océano para, de formas diversas, ser adoptadas polos europeos cando estes se enfrontaron ao desafío de garantir a liberdade”.

FUNDACIÓN GIMENEZ ABD

Programamos a emisión en directo deste acto a través da nosa canle de Youtube: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón:  https://youtube.com/live/zkIr4Cv4bJQ?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn