Author picture

DEBATE NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA SOBRE OS RETOS DE FUTURO DO TECIDO EMPRESARIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

María Bastida Domínguez, profesora da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, María Pais Fajín, presidenta da Cámara de Comercio de Santiago, e Ramón Salgado Fuentes, director xeral da empresa Limpiezas Salgado, reflexionarán mañá, xoves 27 de novembro, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) sobre a realidade e horizontes da actividade empresarial na capital galega.

A mesa de debate, incluída na programación de 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro” e titulada “O tecido empresarial de Santiago ante os retos do futuro”, será presidida e moderada por Jorge Lorenzo Souto, tesoureiro da RSEAPS.

O acceso para o público -que poderá formular cuestións tralas intervencións das ponentes- é libre e gratuíto, ata completar o aforo da sala. Ademais, o debate será retransmitido en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad compostelá: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón:

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.