Imagen del autor

EREA CASTRO PERCORRERÁ A HISTORIA DA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE SANTIAGO A PARTIR DA SÚA COLECCIÓN DE MEDALLAS

Mañá, mércores 12 de maio, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), Erea Castro Alfonso, conservadora numismática do Museo de Pontevedra, pronunciará a conferencia “A conmemoración da RSEAPS a través da medallística na súa colección”.

A charla está incluída na programación de 2026 do ciclo “A RSEAPS e os seus fondos artísticos”, organizada pola Real Sociedad en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS, da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

A encargada de presentar a Castro Alfonso será Ana Pérez Varela, profesora titular doutora de Historia da Arte da USC e coordinadora este ano deste ciclo de conferencias, nunha mesa que encabezará o presidente da Real Sociedad compostelá, Francisco Loimil Garrido.

O acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala e os asistentes poderán formular cuestións á ponente ao remate da súa intervención. Ademais, a conferencia será emitida en directo pola canle de you tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago a través da ligazón:  https://youtube.com/live/sCB5xLS0dko?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn