Mañá, mércores, 12 de marzo de 2025, ás 19,30h, Leopoldo Fernández Gasalla, catedrático de Xeografía e Historia do I.E.S. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, glosará a figura do marqués de Santa Cruz de Rivadulla e disertará sobre a Real Sociedad Económica da Ilustración, no período que abarca ata a etapa do Moderantismo Liberal.

O fará a partir do retrato de Juan Armada, marqués de Santa Cruz de Rivadulla, óleo de 1897, obra de José María Fenollera, nunha conferencia incluída no programa de 2025 do ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”, organizada por esta institución, en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
Fernández Gasalla será presentado por David Chao Castro, profesor contratado doutor de Historia da Arte da USC, nunha mesa que encabezará o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido. Como tódalas conferencias deste ciclo, o acceso para o público es libre e gratuíto ata completar o aforo da sala. Ademais, a conferencia será retransmitida en directo pola canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago a través da ligazón: https://youtube.com/live/PAia2UPHSwA?feature=share



