Author picture

FRANCISCO SINGUL REFLEXIONARÁ NA RSEAPS SOBRE A INFLUENCIA DO ARCEBISPO COMPOSTELÉN SEBASTIÁN MALVAR Y PINTO

Mañá, mércores, 13 de marzo de 2024, ás 19,30h, Francisco Singul Lorenzo, xefe da área de Cultura Xacobea na S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia e doutor en Historia da Arte, reflexionará sobre a importancia e influenza que tivo para Santiago e Galicia o arcebispo compostelán Sebastián Malvar y Pinto, franciscano pontevedrés da Ilustración, que foi tamén bispo de Bos Aires, e que finou na capital galega en 1795.

O fará a partir da análise do cuadro que retrata ao relixioso, que a Real Sociedad Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) mostra na actualidade na sala de xuntas da súa sede, situada na praza Salvador de Parga, en Santiago de Compostela. Alí terá lugar a conferencia de Singul Lorenzo, incluída no ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus Fondos Artísticos”, organizada por esta institución en colaboración co Grupo de Investigación Iacobus da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC).

Singul Lorenzo será presentado polo catedrático de Historia da Arte da USC e directivo da RSEAPS Juan Manuel Monterroso Montero. A RSEAPS lembra que tódalas charlas deste ciclo son de balde e abertas ao público, ata completar o aforo da sala. A conferencia será retransmitida a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago

mediante a ligazón: https://youtube.com/live/OBGWpLw2YiI?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn