Arranca a programación de 2026 do ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”. O fará mañá, mércores 11 de febreiro, ás 19,30h, coa mesa de debate titulada “Fenollera ante Sánchez Villamarín e Montero Ríos”, que protagonizará José Manuel García Iglesias, catedrático emérito de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidente da RSEAPS.


O ciclo, que coordina nesta edición Ana Pérez Varela, profesora titular doutora en Historia da Arte da USC, está organizado pola Real Sociedad Económica, en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade compostelá.
O encargado de presentar a García Iglesias será Juan Manuel Monterroso Montero, catedrático da USC e directivo da RSEAPS, nunha mesa que encabezará o presidente da Real Sociedad compostelá, Francisco Loimil Garrido, que dará o pistoletazo de saída á programación anual de mesas de debate sobre patrimonio.
Como en tódalas conferencias do ciclo, o acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala, e os asistentes poderán formular cuestións ao remate da ponencia, que será retransmitida en directo a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón:



