Historia

Os fundadores da Sociedade Económica de Santiago: don Antonio Páramo Somoza, don Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, don Luís Marcelino Pereira, don Benito Gil Lemus e don Antonio Gil Lemus; presentaron ao Consello de Castela, o 13 de decembro de 1783, unha petición, co obxecto de que se lles concedese licenza para establecer en Santiago unha Sociedade Patriótica de Amigos do País, baixo o título de Sociedade Económica do Reino de Galicia, e que se aprobasen os Estatutos que elaboraran para o seu réxime e goberno.

O 24 de decembro de 1783, asinábase o oficio no que se atendía a petición do establecemento en Santiago de Compostela dunha Sociedade Económica de Amigos do País, co obxecto de fomentar as Artes e Industrias. A sesión foi o 15 de febreiro de 1784, ás tres da tarde e o discurso inaugural pronunciouno don Antonio Páramo Somoza y Sangro.

22D / 1783

Petición formal de Oficio

Petición formal de oficio

O Consello de Castela o 22 de decembro de 1783, acordou dar Orde ao Concello compostelán que lle facilitasen á Sociedade unha peza da dependencia das súas Casas dos concellos,

24D / 1783

Firma de Oficio

Firma de oficio

O 24 de decembro de 1783, asinábase o oficio no que se atendía a petición do establecemento en Santiago de Compostela dunha Sociedade Económica de Amigos do País, co obxecto de fomentar as Artes e Industrias

15F / 1784

Sesión Inaugural

Sesión Inaugural

Sesión Inaugural, foi o 15 de febreiro de 1784, ás tres da tarde e o discurso inaugural pronunciouno Don Antonio Páramo Somoza y Sangro.

Hac tutante vigebunt

O Emblema da RSEAPS

O corpo da empresa da Sociedade de Santiago será a égida de Minerva, como cubrindo un arado, un torno de fiar e unha rede de pescar.

A alma estas palabras: Hac  tutante  vigebunt, significando que o obxecto da Sociedade é asegurar a prosperidade da agricultura, pesca, industria e artes representadas naqueles instrumentos das que máis debe interesala.

Con esta empresa formarase un selo grande para a Sociedade de Santiago.

 

REALIZACIÓNS E FITOS ACADADOS

24 Decembro 1783

Concesión De oficio autorizando a Sociedade

24 Decembro 1783

15 Febreiro 1784

Primeira xuntanza da Sociedade presidida por Antonio Páramo

15 Febreiro 1784

Ano 1821

Sede no edificio da Inquisición (actual Hotel Compostela)

Ano 1821

Ano 1834

Créase a Academia de Debuxo

Ano 1834

Ano 1861

Trasládase ao edificio San Martiño Pinario

Ano 1861

Ano 1862

Créase a Academia de Adultos

Ano 1862

Ano 1866

Créase a Escola de Artes e Oficios

Ano 1866

Ano 1871

Créase o Ateneo Popular e a Escola de Francés

Ano 1871

Ano 1877

Créase a Escola de Música e a Escola de Modelado

Ano 1877

Ano 1880

Aforros

Ano 1880

Ano 1953

Conservatorio

Ano 1953

Ano 1990

O Concello outórgalle a Medalla de Ouro ao Mérito Cidadán

Ano 1990

Ano 2006-2020

Dixitalización de Arquivo bibliográfico/ Restauración e catalogación de Patrimonio pictórico/ apertura ao público de fondos en Cidade da Cultura / Biblioteca  Xeral dá  Universidade / Claustro de  Facultade de  Xeografía e Historia.

Ano 2006-2020

Ano 2020

Presidencia de  Fracisco Loimil / Consolidación da Sociedade / Presentación de novos proxectos a organismos oficiais e institucións.

Ano 2020

A nosa exposición

O Efecto das Luces

Iniciamos no ano 2006, coincidindo coa posta en marcha ese mesmo ano desta páxina web, unha nova etapa na historia da  RSEAPS. Para impulsala e coa intención de que a Real Sociedade Económica recuperase o protagonismo e a influencia que tivera sempre en Santiago de Compostela e Galicia, celebrouse unha gran exposición sobre a historia e realizacións da Sociedade Económica, que estivo aberta desde finais do ano 2006 ata principios de 2007. Esa exposición, que tivo un gran éxito, serviu para dar a coñecer os principais logros da Sociedade Económica desde o ano da súa fundación en 1784, e que abarcaron campos tan diversos como a economía, agricultura, gandería, pesca, industria, comercio, educación e cultura.

A nosa SEDE ao longo da historia

Ao longo da súa historia, non tivo a Sociedade un local propio; comezou en 1784 tendo as súas reunións no Concello de Santiago. A Sociedade atopouse en ocasións co problema de non dispoñer de locais o suficientemente grandes e acondicionados para poder desenvolver as súas actividades, sobre todo as das súas escolas.

1821, Edificio da Inquisición

Tras estes inicios no Concello, no ano 1821 instalouse no Edificio da Inquisición e nuns locais do convento de San Martín Pinario.En decembro de 1861 dispúxose que provisionalmente se lle cedese o espazo necesario no Convento de San Martín Pinario para a súa instalación; pero o establecemento do Seminario neste edificio, volvía reducir o espazo dispoñible para a Sociedade.

1883, San Clemente

En 1883 lógrase a súa instalación no edificio de San Clemente (actual Instituto Rosalía de Castro), onde permanecería ata 1944, ano en que se ordenou o seu desaloxo para destinar o edificio a Instituto feminino.

San Martiño Pinario

Cédenselle á Sociedade para a súa instalación provisional unhas dependencias no Instituto  Gelmirez

Actualidade

Ata que en 1955 instálase nun edificio propiedade de Caixa Galicia situado na Praza Salvador Parga nº 4, praza que leva o nome do que fose Presidente da Sociedade Económica o período 1876 – 1884, D. Salvador Parga  Torreiro, e onde aínda permanece na actualidade.