Author picture

JORGE MIRA E MARÍA ROSAURA LEIS DEBATEN NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA SOBRE A CONVENIENCIA DO CAMBIO HORARIO ESTACIONAL

Jorge Mira Pérez, catedrático de Electromagnetismo da Facultade de Física da USC, e María Rosaura Leis Trabazo, catedrática de Pediatría da Facultade de Medicina da USC, analizarán mañá, xoves 20 de marzo, ás 19,30h, na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), a conveniencia de manter ou non o actual cambio horario estacional no noso país.   

Na conferencia, incluída no programa de 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola RSEAPS, a encargada de presentar aos dous profesores será María Dolores Álvarez Pérez, directiva da Real Sociedad, e conducirá o acto o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido. O acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala, o debate estará aberto na súa parte final ás preguntas dos asistentes, e será retransmitido en directo pola canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago a través da ligazón: https://youtube.com/live/M3XK-ZrdqB0?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.