O catedrático emérito de Astronomía e Astrofísica da USC e coordinador científico do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade compostelá José Ángel Docobo Durántez realizará un percorrido polo século de actividade desa institución, mañá, xoves 24 de abril, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS).
A charla, titulada “Un século de investigación, docencia e divulgación no Observatorio Astronómico Ramón María Aller”, está incluída no programa de 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica compostelá.
Docobo Durántez será presentado polo directivo da RSEAPS Santiago Bermejo Díaz de Rábago, nunha mesa de debate que encabezará o presidente da Real Sociedad, Francisco Loimil Garrido, e que tamén estará aberta ás preguntas dos asistentes ao remate da exposición do astrónomo.
Como tódalas conferencias deste ciclo, o acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala e a conferencia será retransmitida en directo a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/ZQrX60zQSfk?feature=share