Author picture

JUAN MONTERROSO PORÁ O FOCO NA FIGURA DE CARLOS III NA CONFERENCIA QUE ABRE O CICLO DA RSEAPS SOBRE O SEU PATRIMONIO ARTÍSTICO

O catedrático de Historia da Arte da USC e directivo da RSEAPS Juan Manuel Monterroso Montero arroxará luz sobre a figura de Carlos III de Borbón coa súa conferencia do próximo mércores, 5 de febreiro, “Un rei para a Real Sociedad de Amigos del País”, primeira deste ano do ciclo “A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago e os seus fondos artísticos”, organizado por esa institución, en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Monterroso Montero, que se referirá a un dos dous retratos do monarca -que impulsou as reales sociedades económicas en España-, que forman parte do patrimonio artístico da RSEAPS, será presentado por Marta Cendón Fernández, profesora titular de Historia da Arte da USC, nunha mesa que conducirá o presidente da Real Sociedad Económica, Francisco Loimil Garrido, que inaugurará dese xeito este ciclo en 2025.

O acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala. Ademais, está programada a emisión en directo da conferencia, á que seguirá un coloquio cos asistentes, pola canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.