A directora do Centro Singular de Investigación en Mediciña Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela (CiMUS), Mabel Loza García, protagonizará mañá, xoves 22 de outubro, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), a mesa de debate titulada “O CiMUS: O camiño máis rápido dende a investigación aos doentes”.

Na súa intervención, incluída na programación de 2026 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, que organiza a Real Sociedad Económica compostelá, Loza García será presentada polo ex reitor da USC e socio da RSEAPS Juan Casares Long, nunha mesa que encabezará o presidente desa institución, Leopoldo Fernández Gasalla.
Como tódalas conferencias deste ciclo, o acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala e a conferencia será retransmitida en directo a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País
https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/261H1miaFeQ?feature=share



