O ex director xeral de Aviación Civil do Goberno asegurou na Real Sociedad Económica que non é posible acometer a especialización das terminais galegas
O ex director xeral de Aviación Civil do Goberno e ex director do aeroporto de Santiago, Manuel Ameijeiras Vales, afirmou hoxe na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) que “Galicia ten tres aeroportos e ningún deles sobra en absoluto, debido á súa situación xeográfica, a máis de 500 kilómetros de distancia dos centros neurálxicos e a esa distancia o avión faise moi competitivo co tren de alta velocidade”.

Manuel Ameijeiras, que protagonizou a mesa de debate “Galicia, tres aeroportos, un modelo a decidir”, incluída no programa para 2026 do ciclo da Real Sociedad “Compostela 2023-2026. Presente e futuro”, mostrouse manifestamente contrario á especialización das terminais aéreas galegas porque, segundo el, “ninguén, nin sequera AENA, pode impor unha ruta aérea nun mercado totalmente liberalizado, como o do transporte aéreo”.
Así que, na súa opinión, “a clave neste momento é seducir, é dicir, promocionar destinos, facer que sexan atractivos e que sexan rendibles”. Por iso, afirmou, o que debe facer o xestor é “presentar casos de negocio completos con análises de rendibilidade, xa que é el o que conta con datos sobre custos e información sobre as orixes e destinos dos pasaxeiros”.
O ex director xeral de Aviación Civil lembrou que, na actualidade, os tres aeroportos da nosa comunidade superan con creces, cadanseu, o millón de pasaxeiros, “que é a cifra recoñecida como rendible actuando en solitario”. “Ademais”, engadiu, “o feito de actuar na rede de AENA, os fai todavía máis produtivos”.
Xunto a isdo, Manuel Ameijeiras cré que se publicou unha cifra esaxerada de pasaxeiros galegos que utilizan o aeroporto da cidade portuguesa de Oporto como saída cara outros destinos, así como a cantidade de estranxeiros que chegan a Galicia procedentes desa terminal aérea lusa.
O ponente da mesa de debate de hoxe sobre o modelo aeroportuario galego -que foi retransmitida en directo pola canle de you tube da RSEAPS- foi presentado por Luis García Varela, directivo desa institución, nun acto que encabezou o presidente da Real Sociedad Económica compostelá, Francisco Loimil Garrido.



