Author picture

MARTA CENDÓN DISERTARÁ SOBRE “O ARCEBISPO QUERIDO POR TODOS” A PARTIR DUN RETRATO DE MANUEL LAGO DA PINACOTECA DA RSEAPS

A profesora titular de Historia da Arte da USC Marta Cendón Fernández disertará mañá, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, sobre “Manuel Lago González, o arcebispo querido por todos”, título da súa conferencia, incluída no programa de 2024 do ciclo sobre os fondos artísticos da RSEAPS, que a nosa institución realiza en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS, da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade compostelá.

Cendón será introducida polo catedrático emérito da UDC Ramón Yzquierdo Perrín, nunha mesa que encabezará o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido. O acceso é libre e de balde, ata completar o aforo da sala, e a conferencia -á que seguirá un coloquio co público asistente- será emitida en directo a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/YX0yDYLJcfA?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.