Author picture

MESA DE DEBATE SOBRE O ASOCIACIONISMO VECIÑAL EN COMPOSTELA NA RSEAPS

Mañá, mércores 29 de marzo, ás 19,00h, na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), na praza Salvador de Parga, terá lugar a mesa de debate “O asociacionismo en Compostela”, incluída no ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e Futuro”, organizada pola nosa institución. Nela intervirán María Cruz Vázquez Veiga, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA), Manuel Rivadulla, presidente do Ateneo de Santiago de Compostela, Roberto Almuiña, presidente da Asociación de Veciños da Cidade Histórica, e Mercedes Vázquez Bartomeu, ex presidenta e actual vocal da Asociación Veciñal A Xuntanza. Esta mesa de debate, que compre as tres principais áreas do asociacionismo veciñal de Santiago -casco histórico, periferia urbana e rural-, ofrecerá aos asistentes unha fotografía completa da situación actual da sociedade civil compostelá, desde as diferentes ópticas e cos actores implicados nela. A RSEAPS lembra que todas as conferencias e mesas de debate deste ciclo son de entrada libre ata completar aforo.

 

 

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn