Author picture

O CATEDRÁTICO DA USC LUIS OTERO REFLEXIONARÁ NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA SOBRE A CREACIÓN DE EMPRESAS DENDE O COÑECEMENTO

Segunda mesa de debate da programación de 2026 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, que organiza a Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS). Mañá, mércores 18 de febreiro, ás 19,30h, Luis Otero González, catedrático de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago (USC) protagonizará unha reflexión titulada “Creación de empresas baseadas no coñecemento”.

Otero será presentado polo presidente da Real Sociedad, Francisco Lomil Garrido, nunha mesa que estará aberta ás preguntas dos asistentes cando remate a disertación do ponente e que será retransmitida en directo pola canle de you tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago a través da ligazón: https://youtube.com/live/q_b44skrxYs?feature=share O acceso para o público e libre e gratuíto ata completar o aforo da sala.

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.