O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, José López Campos, e o presidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), Francisco Loimil Garrido, entregarán mañá a medalla de ouro desa institución a José Gabriel Barreiro Pérez, conselleiro de Televés, ex profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidad de Santiago de Compostela, ex vicepresidente e tesoureiro da RSEAPS e vicepresidente da Cociña Económica de Santiago, entre outros moitos cargos.

A distinción, que recoñece a longuísima traxectoria profesional, docente e social de Barreiro Pérez, así como a súa notabilísima calidade humana, supón a quinta medalla de ouro que outorga a Real Sociedad Económica compostelá ao longo dos seus 242 anos de historia, tras as concedidas a Eugenio Montero Ríos, en 1874; a Manuel Fraga Iribarne, en 1991; á Universidad de Santiago de Compostela, en 1996; e a Antonio Fraguas Fraguas, en 1997.
O acto será retransmitido en directo a través da canle de you tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago a través da seguinte ligazón: https://youtube.com/live/897jXcfE0r0?feature=share



