O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, e o xefe do Servizo de Oncoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Rafael López López, protagonizarán a mesa de debate “Protonterapia, desde Santiago para Galicia”, o próximo xoves, 22 de maio, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS).


Na conferencia, incluída no programa de 2025 do ciclo da RSEAPS “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, Gómez e López explicarán os avances en Galicia e as vantaxes que comporta ese tipo de terapia, que utiliza protóns -feixes ou raios de alta enerxía- para destruír as células tumorais, fronte aos raios X -que usa fotóns e electróns- da radioterapia, ofrecendo unha maior precisión na distribución das doses e, polo tanto, un menor dano nos tecidos sans circundantes.
O titular de Sanidade e o xefe de Oncoloxía do CHUS serán presentados polo presidente da Real Sociedad Económica compostelá, Francisco Loimil Garrido, nun acto aberto ao público, cuxo acceso será libre e gratuíto ata completar o aforo da sala. Ademais, a mesa de debate será emitida en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón:



