Author picture

O DOUTOR TEIJEIRO E O ESCULTOR JUAN SANMARTÍN, PROTAGONISTAS NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAÍS

O catedrático emérito de Historia da Arte da USC e vicepresidente da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, José Manuel García Iglesias, afondará mañá, mércores 10 de setembro de 2025, ás 19,30h, na RSEAPS, sobre dúas figuras clave para Santiago de Compostela na segunda metade do século XIX.

A mesa de debate, titulada “O doutor Teijeiro e a súa dona ante o escultor Juan Sanmartín, un modo de ver e facer”, está incluída na programación de 2025 do ciclo “A RSEAPS e os seus fondos artísticos”, organizado pola Real Sociedad Económica en colaboración co Grupo de Investigación IACOBUS da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

García Iglesias será presentado por María García-Alén García, xestora cultural en Insólito Diseño + Producto, nunha mesa que encabezará o presidente da RSEAPS, Francisco Loimil Garrido, e que tamén estará aberta ás preguntas dos asistentes ao remate das intervencións.

Como tódalas conferencias deste ciclo, o acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala e a conferencia será retransmitida en directo a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón:

https://youtube.com/live/dLCXNtPQ0zU?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.