Author picture

O EX REITOR DA USC SENÉN BARRO ANALIZARÁ NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE SANTIAGO O IMPACTO DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL

O ex reitor, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Física e director científico do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, reflexionará sobre a IA e o seu impacto para o home no futuro inmediato, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago.

Na mesa de debate, titulada “Intelixencia artificial: Cerebros de silicio”, última da programación de 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro” da RSEAPS antes da temporada de verán, o encargado de presentar a Barro Ameneiro será o presidente da Real Sociedad compostelá, Francisco Loimil Garrido.

O acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala e está prevista a retransmisión en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón: https://youtube.com/live/4XxdUPu3C8c?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.