Author picture

O EXALCALDE DA CORUÑA, FRANCISCO VÁZQUEZ, ENCABEZARÁ UNHA MESA DEBATE SOBRE OS VALORES DA TRANSICIÓN NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA

O exalcalde da Coruña e exembaixador de España ante a Santa Sede, Francisco Vázquez, disertará na sede da RSEAPS sobre os valores da Transición, mañá mércores, ás 19,30h. O exrexedor inaugura así o ciclo de debates “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS).

Luis García Varela, directivo da Real Sociedad Económica será o encargado de presentar ao conferenciante, nun acto que conducirá o presidente da institución, Francisco Loimil Garrido. O acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala, o debate estará aberto na súa parte final ás preguntas dos asistentes e será retransmitido en directo a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago

mediante a ligazón: https://youtube.com/live/NDjWWNMwxuU?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.