O expresidente da Xunta de Galicia, exsenador e catedrático emérito de Economía Aplicada da Universidade da Coruña Fernando González Laxe, protagonizará mañá, mércores 26 de febreiro, ás 19,30h, a segunda das conferencias en 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e Futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS).
Baixo o título “Quo vadis Europa. Escenarios europeos no novo taboleiro internacional”, González Laxe analizará cal pode ser o futuro do noso continente ante os retos cada vez maiores que xera o cambiante panorama internacional actual.
Luis García Varela, directivo da Real Sociedad Económica compostelá será o encargado de presentar ao conferenciante, nun acto que encabezará o presidente desa institución, Francisco Loimil Garrido. O acceso para o público é libre e gratuíto ata completar o aforo da sala, o debate estará aberto na súa parte final ás preguntas dos asistentes e será retransmitido en directo a través da canle de You Tube da RSEAPS: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago
mediante a ligazón: https://youtube.com/live/lCREyWRw0AM?feature=share



