Author picture

O FINANCIAMENTO AUTONÓMICO E AS INCERTIDUMES ANTE A SÚA REFORMA, A DEBATE NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE SANTIAGO

Nova mesa de debate da programación 2025 do ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago. Mañá, mércores 24 de setembro, ás 19,30h, o catedrático e a profesora de Economía Aplicada da USC Santiago Lago Peñas e María Cadaval Sampedro disertarán na sede da RSEAPS baixo o título “Financiamento autonómico. Tempo de espera ante unha reforma necesaria”.

María Cadaval Sampedro
Santiago Lago Peñas

O encargado de presentalos será o presidente da Real Sociedad Económica, Francisco Loimil Garrido, nun foro que estará aberto ás preguntas do público asistente -cuxo acceso é libre e gratuíto-, ata completar o aforo da sala. Ademais, será retransmitido en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad:

RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago

a través da ligazón: https://youtube.com/live/q4M786xFZek?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.