PRESERVAR O FUTURO MEDIOAMBIENTAL E URBANÍSTICO DE SANTIAGO, A DEBATE NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE AMIGOS DEL PAÍS DE LA CIUDAD DE SANTIAGO

O futuro medioambiental e urbanístico de Santiago será obxecto de debate mañá, xoves 6 de xullo, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago. A mesa, baixo o título “Preservar o futuro de Compostela. Espazo verde, retos ecolóxicos e saúde urbana”, será conducida pola doutora en Arquitectura e membro da unidade de investigación Paisaxe, Arquitectura e Cidade da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña Ruth Varela, que tamén actuará como ponente. A acompañarán Miguel Serrano, doutor en Bioloxía, profesor no departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía e membro do Grupo de Investigación, Análise e Conservación da Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela, e Enrique Seoane, arquitecto e profesor de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. A mesa de debate inclúese no ciclo organizado pola RSEAPS “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, que é de acceso libre ata completar aforo.

 

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn