Imagen del autor

O ILUSTRADO DOMINGO FONTÁN, PROTAGONISTA NA RSEAPS DA MAN DO PROFESOR DE XEOGRAFÍA FRANCISCO DURÁN

 

Mañá, mércores, 10 de maio de 2023, ás 19,00h, na nosa sede, na praza Salvador de Parga, número 4, terá lugar a terceira das conferencias do ciclo organizado por esta institución, coa colaboración do grupo de investigación Iacobus, da Facultade de Xeografía e Historia da USC, para dar a coñecer o patrimonio e fondos artísticos da RSEAPS.

Desta volta, Francisco Durán, profesor titular de Xeografía da USC, disertará sobre un retrato de Domingo Fontán, ilustrado matemático, político e xeógrafo galego, natural de Portas, nomeadamente recoñecido por ser o autor do primeiro mapa topográfico e científico de Galicia. A encargada da presentación do profesor Durán será a profesora titular de Historia da Arte da USC Begoña Fernández Rodríguez. Todas as charlas deste ciclo da RSEAPS son de balde e abertas ao público, ata completar o aforo.

 

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn
Resumen de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.