Author picture

O IMPACTO ECONÓMICO E SOCIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO NA CIDADE, A DEBATE NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA

Miguel Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Economistas, e José Antonio Redondo, catedrático de Economía Financeira da Universidade de Santiago de Compostela (USC), analizarán mañá, martes 3 de decembro, o impacto económico e social que o Camiño de Santiago ten para a capital galega. Será nunha mesa debate que terá lugar na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), que encabezará o presidente desa institución, Francisco Loimil Garrido, e que conducirá a profesora titular da Facultade de Económicas da USC e membro da Xunta Directiva da RSEAPS, Dolores Álvarez. O coloquio é o último deste ano do ciclo da RSEAPS “Compostela 2023-2027. Presente e futuro” e o acceso é libre e gratuito para o público, ata completar o aforo da sala.

A mesa de debate será emitida en directo a través da canle de You Tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago mediante a ligazón:  https://youtube.com/live/fqnEliFepsI?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn