Disertará sobre os cambios sociais e os dereitos das persoas no século XXI
O maxistrado do Tribunal Supremo José Luis Seoane Spiegelberg encabezará mañá, xoves 5 de marzo, ás 19,30h, na Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS), a mesa de debate “Cambio social e Dereito Privado: Os dereitos das persoas no século XXI”.

Na súa intervención, enmarcada na programación de 2026 do ciclo da RSEAPS “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, o encargado de presentar a Seoane Spiegelberg será o catedrático de Dereito Constitucional da Universidad de Santiago de Compostela Roberto Blanco Valdés, nunha mesa que conducirá o presidente da Real Sociedad Económica, Francisco Loimil Garrido.
O acceso será libre e gratuíto ata completar o aforo da sala e os asistentes poderán formular cuestións ao rematar a ponencia de Seoane Spiegelberg. A mesa de debate será retransmitida en directo pola canle de you tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago
a través da ligazón: https://youtube.com/live/oyKPL4k4op8?feature=share



