Imagen del autor

O MODELO AEROPORTUARIO DE GALICIA, A DEBATE NA REAL SOCIEDAD ECONÓMICA DE SANTIAGO

A Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago (RSEAPS) acollerá mañá, xoves 23 de abril, ás 19,30h, unha nova mesa de debate da programación para 2026 do seu ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”.

Baixo o título “Galicia, tres aeroportos, un modelo a decidir”, o ex director xeral de Aviación Civil do Goberno e ex director do aeroporto de Santiago, Manuel Ameijeiras Vales, reflexionará sobre a situación actual e o futuro da navegación aérea e das tres terminais galegas.

Ameijeiras Vales será presentado por Luis García Varela, directivo da RSEAPS, nunha mesa que encabezará o presidente da Real Sociedad Económica, Francisco Loimil Garrido.

Como en tódalas mesas de debate do ciclo, a entrada para o público será libre e gratuíta ata completar o aforo da sala e os asistentes poderán formular cuestións ao ponente ao remate da súa intervención. A mesa de debate será emitida en directo pola canle de you tube da Real Sociedad: RSEAPS-Amigos del País https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago, a través da ligazón:  https://youtube.com/live/AH6F7UgYLhU?feature=share

Compartir Noticia

Facebook
WhatsApp
Email
Twitter
LinkedIn