A situación actual e o futuro do sector artesán en Santiago serán obxecto de análise mañá, xoves 26 de setembro, ás 19,30h, nunha mesa debate incluída no ciclo “Compostela 2023-2027. Presente e futuro”, organizado pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago.
Na mesa, que terá lugar na sede da RSEAPS e que encabezará o seu presidente, Francisco Loimil, participarán Enrique Fink, presidente de Ourives de Compostela, Elena Fabeiro, presidenta de Artesanía de Galicia, e Mónica Cao, de Mocao Artesanía e membro de Creativas Galegas. A encargada de conducir o debate será Ana Pérez Varela, profesora axudante de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Grupo de Investigación IACOBUS.
As mesas de debate deste ciclo son de acceso libre e de balde para o público, ata completar o aforo da sala. Ademais, a RSEAPS retransmitirá en directo o evento pola súa canle de You Tube: RSEAPS-Amigos del País (https://www.youtube.com/@rseamigosdelpaissantiago), a través da seguinte ligazón: